Persoal técnico en prevención de riscos laborais

O persoal técnico en prevención de riscos laborais é clave para garantir que as empresas cumpran coa lexislación vixente e establezan contornas de traballo seguras e eficientes.

TÉCNICOS/AS PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Funcións do persoal asignado por Tamgo:

Identificación e avaliación de riscos

Realiza inspeccións periódicas nos espazos de traballo para detectar riscos (caídas, accidentes con maquinaria ou exposición a substancias perigosas). Ademais, avalía os riscos de cada actividade e propón medidas preventivas.

Elaboración e seguimento de plans de SSL

Desenvolver o Plan de Seguridade e Saúde do proxecto, definindo medidas preventivas e procedementos de traballo seguro. Garantir que todos os traballadores coñezan e cumpran co plan establecido.

Formación de traballadores/as

Organizar sesións formativas sobre riscos laborais específicos, segundo cada caso. Fomentar unha cultura de prevención a través de actividades de sensibilización, que impliquen os equipos e directivos.

Control do cumprimento normativo

Verificar que a empresa e os seus traballadores cumpren coa Lei de Prevención de Riscos Laborais e outras normativas aplicables. Realizar auditorías periódicas para detectar posibles incumprimentos e corrixir deficiencias.

Xestión de equipos EPIs

Supervisar o uso axeitado dos Equipos de Protección Individual, como por exemplo no caso das obras os cascos, botas, luvas, protección auditiva, etc. Asegurar que os EPIs sexan os axeitados para cada tarefa e estean en condicións óptimas

Investigación de accidentes e incidentes

Analizar as causas dos accidentes e propor medidas correctivas. Elaborar informes detallados para previr futuras incidencias.

Coordinación con seguridade

Colaborar co Coordinador de Seguridade e Saúde, enxeñeiros e médicos laborais para garantir unha contorna segura. Informar os responsables dos traballos sobre deficiencias e posibles melloras en seguridade.

Cultura preventiva

Fomentar e promover unha actitude proactiva en PRL. Impulsar boas prácticas e programas de mellora continua en seguridade laboral.

Privacy Preference Center