Persoal técnico en PRL, calidade e medio ambiente

É o/a profesional responsable de facer cumprir os procedementos do Sistema de Calidade e Medio Ambiente dunha organización, co obxectivo de garantir que os seus produtos e/ou servizos cumpran cos estándares de calidade e requisitos medioambientais, ademais de levar a cabo tarefas de PRL, integrándoas na xestión da empresa e sempre de común acordo con ela.

TÉCNICO/A DE PRL, CALIDADE E MEDIO AMBIENTE

Funcións do persoal asignado por Tamgo:

Seguridade e saúde laboral

Xestionar e impartir formación e información en materia de PRL; desenvolver a avaliación de riscos, programación, asesoramento e memorias mediante inspeccións periódicas nos espazos de traballo para detectar riscos e propor medidas preventivas; desenvolver e facer seguimento do Plan de SSL.

Realizar a investigación de accidentes; levar a cabo a C.A.E.; asegurar a xestión documental (procedementos, instrucións e documentación en materia de SSL, etc.); participar en reunións periódicas co CSS; verificar o cumprimento da Lei de PRL e a normativa aplicable, realizando auditorías e corrixindo deficiencias; xestionar e supervisar o uso axeitado de EPIs (cascos, botas, luvas, protección auditiva, etc.), impulsando boas prácticas e programas de mellora continua en seguridade laboral.

Medio ambiente e sustentabilidade

Elaboración e seguimento de Plans de Xestión Medioambiental e de Xestión de Residuos, así como elaboración de informes mensuais. Realización da formación medioambiental a persoal propio e das subcontratas, identificación, avaliación e seguimento dos requisitos legais medioambientais.

Interlocución co Director Ambiental e Supervisor Medioambiental, e identificación e avaliación de aspectos ambientais. Seguimento das medidas preventivas e correctoras a implantar, xestión documental e seguimento dos indicadores medioambientais, responsabilidade dos posibles simulacros de emerxencia medioambiental que poidan levarse a cabo, coordinación cos xestores de residuos, e vixilancia, control operacional e verificación do cumprimento legal.

Calidade e mellora continua

Validar a toma de datos “in situ” para a elaboración de rexistros, asegurando a correcta toma de mostras e a execución das probas en laboratorios. Seleccionar os procedementos que son de aplicación e validar a organización e formación do persoal nos sistemas de Calidade.

Validar a correcta fonte e estado dos materiais a empregar, verificando os seus certificados de calidade, e verificar a correcta aplicación de Procedementos nos procesos e tarefas. Revisar a apertura de Non Conformidades por defectos detectados, coñecer o día a día do traballo e as incidencias que se producen, acompañar e avaliar as actividades que se levan a cabo, administrar os equipos de precisión controlando as súas calibracións, e desenvolver, avaliar e controlar os provedores de materiais e servizos.

Privacy Preference Center