EN TAMGO OFRECEMOS
Servizos especializados para promover a diversidade e inclusión LGTBI nas empresas, públicas e privadas.
A diversidade e a inclusión de persoas LGTBI na contorna laboral son fundamentais para construír organizacións equitativas e competitivas no mercado actual.
A implementación de políticas inclusivas non só mellora o benestar dos empregados, senón que tamén potencia a creatividade, a innovación e a produtividade empresarial.
Ademais, o cumprimento da Lei 4/2023 (28 de febreiro) para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI é esencial para evitar sancións legais e fortalecer a reputación corporativa. Esta normativa reforza os dereitos das persoas trans e non binarias, establecendo medidas para garantir a súa igualdade real e efectiva no ámbito laboral e social.
Servizos Tamgo en LGTBI
1. Formación en Diversidade e dereitos LGTBI
Impartimos programas de sensibilización para todo o persoal, promovendo o respecto á diversidade afectivo-sexual e de xénero, a prevención da discriminación e a creación de espazos seguros, incluíndo a interseccionalidade e o papel de persoas aliadas.
2. Elaboración e Implementación de Plans de Inclusión LGTBI
Asesoramos en plans axustados á Lei 4/2023, con diagnóstico inicial, definición de medidas e acompañamento na súa implantación e avaliación, incorporando a revisión de políticas internas e o impulso dunha cultura inclusiva.
3. Protocolos para a Prevención e Actuación fronte ao Acoso a Persoas LGTBI
Creamos protocolos contra o acoso ou a discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero e formamos ao persoal para aplicalos correctamente, promovendo a tolerancia cero e cumprindo estándares e normativas.
4. Consultoría en Comunicación Inclusiva e Diversa
Adaptamos a comunicación corporativa para asegurar linguaxe, imaxes e mensaxes inclusivas, revisando campañas e materiais internos para reforzar a coherencia cos valores de diversidade e mellorar a imaxe corporativa.
5. Programas de Desenvolvemento e Liderado para Persoas LGTBI
Deseñamos iniciativas de mentoría, formación e networking para impulsar o liderado de persoas LGTBI, facilitando o seu acceso a posicións estratéxicas e reforzando o compromiso empresarial coa diversidade.




