Desde calquera punto de España e con cobertura tamén en Portugal, Tamgo activa os seus servizos cun único interlocutor por área: especialista, áxil e aliñado co seu proxecto.

Guiámonos polos valores da Axenda 2030 e as súas cinco dimensións fundamentais

Persoas. Prosperidade. Planeta. Participación colectiva. Paz.

Tamgo é unha consultora boutique: acompañamento sénior, próximo e á medida, para proxectos de alta esixencia.
Consultoría

Incorporamos talento en grandes proxectos de construción, industria e enerxía. Achegando criterio, continuidade e rigor, con foco na calidade, a mellora continua e resultados sostibles.

Gestión de talento

Crecemento real320.108 € en vendas durante o noso primeiro ano de actividade (2025), impulsando proxectos con impacto e visión a longo prazo.

Saber +
RR. HH.

Gestión de talento

En Tamgo achegamos persoal técnico cualificado, seleccionado con rigor para integrarse con rapidez e achegar criterio desde o primeiro día. Perfís clave, con experiencia real e encaixe probado en contornas esixentes: persoal técnico en prevención de riscos laborais, calidade e medio ambiente; xefatura e administración de obra; e selección de recurso preventivo.

Saber +
CONSULTORÍA

Consultoría

Somos unha consultora áxil e próxima, orientada a resultados, respaldada por un equipo sénior con máis de 20 anos de experiencia. Ofrecemos servizos de: seguridade e saúde laboral, benestar organizacional, seguridade industrial, protección de datos, igualdade, dereitos LGTBI e sistemas de xestión.

Saber +
TAMGO, CONSULTORÍA DE NEGOCIO

Criterio sénior, enfoque integral

Desde Ourense (Galicia), en Tamgo trasladamos a cada proxecto unha forma de traballar construída en máis de 20 anos de experiencia en dirección, coordinación e consultoría. Sumamos coñecemento aplicado en seguridade e saúde e en xestión de persoas, apoiándonos nunha rede de especialistas sénior para cubrir cada área con solvencia e coherencia.

O resultado é unha entrega rigorosa e eficiente que, desde o primeiro ano, xa nos situou xunto a algunhas das compañías máis esixentes do sector, medrando de maneira sostida grazas á confianza e ás referencias de clientes que traballaron con Tamgo.

¿Falamos?

COLABORAMOS CON:

Privacy Preference Center